Estudo da capacidade de carga do destino Ribeira Sacra

Acción

A cifra real de visitantes que pernoctan na Ribeira Sacra segue sendo unha incógnita, a pesar dos datos que ofrecen as estatísticas turísticas oficiais e as medicións que, de modo experimental, se obteñen a través do posicionamento dos teléfonos móbiles. O obxecto desta actuación é ofrecer unha aproximación razoada e coherente do número de turistas na Ribeira Sacra, que teña en conta as diversas fontes de información dispoñibles.

Con esta actuación realizouse un estudo técnico rigoroso que combina información estatística oficial, datos alternativos procedentes de tecnoloxía de xeolocalización, rexistro de aloxamentos e actividades turísticas, así como información aportada por actores clave do sector. Esta aproximación integral permitirá non só mellorar o coñecemento sobre o comportamento dos visitantes, senón tamén ofrecer ás administracións públicas e axentes locais unha base sólida para a toma de decisións estratéxicas, reforzando así o posicionamento de Ribeira Sacra como destino turístico de calidade con unha xestión baseada en datos.


Data realización: xuño 2025

Esta acción enmárcase dentro da Liña de Actuación 3 do Plan de Sostibilidade Ribeira Sacra e está cofinanciada pola Secretaría de Estado de Turismo, Axencia de Turismo de Galicia e Consorcio de Turismo Ribeira Sacra. 


Información e contacto

Cómo chegar Cómo chegar