Galería
Galería

Feira da Rosca de Sober

Festas

A rosca é a sobremesa por excelencia de Sober; a feira, unha boa oportunidade para degustala, xa que os rosqueiros adoitan realizala soamente por encargo, debido á súa laboriosa e artesanal produción.

En solitario ou con queixo do país. É a forma tradicional na que os soberinos comen este manxar. Neste día, o concello de Sober reparte gratuítamente rosca a todos os asistentes; unha boa ocasión para probala e, ademais, para gozar tamén doutros produtos típicos de Ribeira Sacra como o mel, licores... 

Nas últimas edicións, o concello organizou paralelamente un Túnel do Viño, polo que os asistentes poderán catar, ademais, os viños de varias adegas da zona. 

​​​​​Data: 11 e 12 de agosto

Feira da Rosca Sober

Información e contacto

Enderezo

Praza do Concello

Sober

27460 Lugo

Equipamento e servizos

Aparcamento
De balde

Accesibilidade

En bicicleta
En coche
Cómo chegar Cómo chegar