Galería
Galería

Feira de Ano/Festa de San Isidro (Paradela)

Festas

Tamén coñecida como "Feira de Ano", cada 15 de maio Paradela celebra unha feira especial; é a festa na honra de San Isidro, patrón do mundo agrario e gandeiro.

 

Esta festa, na que se suceden os actos durante toda a xornada, conserva os elementos tradicionais das festas rurais, con pasarrúas da banda, misa maior na honra do patrón, orquestra..., pero, ademais, é un día especial no que se honra ao mundo agrario tradicional, aos seus costumes e tradicións.

Organízase unha gran feira de gando, con exhibicións de touros e outros especímenes animais, desfiles de cabalos e carros, exposicións de maquinaria antiga e moderna, artesanía... e, como en toda festa tradicional, non podía faltar a gastronomía! Pola noite, carne de tenreira á grella con viño D.O. Ribeira Sacra para todos os asistentes.

Data: 15 de maio

 

FEIRA DE ANO/FESTA DE SAN ISIDRO (PARADELA)

Fotografía realizada por Alberto López. Extraída de La Voz de Galicia

Información e contacto

Enderezo

Paradela

Lugo

Accesibilidade

En bicicleta
En coche
Cómo chegar Cómo chegar