
Galería
Festa da carne ao caldeiro

A carne é a protagonista absoluta nesta cita, que cada abril, repítese desde máis de 20 anos na localidade de Castro de Carballedo.
Nunha gran comida popular pódense degustar tanto a afamada carne ao caldeiro (carne cocida con pemento e aceite) como a carne richada (carne frita con cebola en pequenos anacos).
Durante todo o día hai exposicións de artesanía, venda de produtos da zona tales como viño, pan, queixos, etc. e actuacións folclóricas, entre outros eventos.
Data: abril