Audioguía
Audioguía
Galería
Galería

Fonte de Augas Mineromedicinais de Piñeira

Espazos naturais

En Piñeira, aldea actualmente abandonada da parroquia do Burgo, atópase o manancial mineromedicinal do mesmo nome, e que alerta da súa presenza polo forte cheiro das súas augas sulfuradas. 

No século  XX chegou a ter certa fama, e cóntase que familias acomodadas da cidade de Ourense pasaban tempadas en Castro Caldelas para tomar as súas augas.

Tradicionalmente, a Fonte de Piñeira utilizouse sobre todo para tratar aspectos do aparello dixestivo, aínda que tamén son indicadas para procesos  reumáticos e enfermidades da pel.

Propiedades da Fonte de Piñeira:

  • Temperatura punto de surxencia: 12 º C (augas frías).
  • Caudal: 0,01  l/s.
  • pH: augas  alcalinas.
  • Facies  hidroquímica:  BNa,  sulfuradas.
  • Ano de declaración de utilidade pública: 1892.
  • Tipo de declaración: augas mineromedicinais. 

Fonte de Piñeira

Información e contacto

Enderezo

Piñeira

Castro Caldelas

32764 Ourense

Equipamento e servizos

De balde
Cómo chegar Cómo chegar