Galería
Galería

Fonte de Arboiro

Outro patrimonio histórico

No 1932 o tallista Nicanor de Arboiro realizou esta fonte na honra de Ramón Franco -republicano, piloto e irmán pequeno de Francisco Franco- e á viaxe que realizou aos mandos do hidroavión Plus Ultra.

Restaurada en 2019 polo seu neto Florencio de Arboiro, tamén escultor, destaca a recreación do hidroavión Plus Ultra apoiado sobre un globo terráqueo, e ao seu carón pódese observar un reloxo, mediante o que se medían os tempos de regadío, para que cada veciño soupese cando lle tocaba facer uso da auga.

Baixo o reloxo, a placa homenaxe na que se pode ler: Fonte de Ramón Franco, a súa data de inauguración, 1 de maio de 1932, e as siglas L. R. A., da Lista Republicana Anticlerical.

Conta con dous canos, alimentados por dous mananciais diferentes, e o conxunto completase vun lavadoiro, actualmente en desuso.

Fonte de Arboiro

Ver máis...

Información e contacto

Enderezo

Arboiro

San Xoán de Río

Ourense

Cómo chegar Cómo chegar