Galería
Galería

Igrexa de San Martiño de Sabadelle

Igrexas/Capelas

É unha igrexa de planta románica, datada entre finais do  século XII e comezos do XIII aínda que sufriu reformas posteriores coas que se perderon elementos desta primeira construción como a ábsida.

Foi nunha das remodelacións cando se lle engadiu na parte sur a sancristía e a  capela da Nosa Señora das Dores, con espadana e entrada propia.

A súa porta principal é románica con arco de medio punto e dobre arquivolta apoiado en dúas columnas a cada lado da entrada. O tímpano non presenta decoración.

Posúe espadana con dous corpos do século XIX; o inferior ten dous arcos de medio punto onde se atopan as campás; o segundo presenta un só arco cunha campá máis pequena e coroado por unha cruz latina sobre pedestal.

De especial interese é o singular artesoado que cobre parcialmente o teito, con trazarías de estilo mudéxar. Ademais disto, conta cun sepulcro no muro do Evanxeo e o púlpito, aínda que moderno, sostense sobre una columna de estilo románico.

Igrexa de San Martiño de Sabadelle

Ver máis...

Información e contacto

Enderezo

Sabadelle

O Pereiro de Aguiar

Cómo chegar Cómo chegar