Audioguía


Galería
Igrexa de Santiago de Carracedo

Trátase dunha igrexa de estilo barroco, aínda que se ven indicios de múltiples remodelacións. Situada sobre un pequeno promontorio o acceso faise pola porta norte, xa que na fachada principal están moi pegados o cemiterio e a casa reitoral.
Na porta norte, cuberta por un tellado, podemos ver un escudo, e no brazo da fachada norte outro. A igrexa ten planta de cruz latina, pero coa curiosidade de que os seus brazos teñen forma circular e están rematados por unha lanterna.
Anexa á igrexa atópase a casa reitoral, de gran construción e que presenta un escudo coa cruz de Santiago sobre a ventá da fachada principal.
Igrexa de Santiago de Carracedo
Información e contacto

Carracedo
A Peroxa
Ourense
Equipamento e servizos


Accesibilidade

