Audioguía


Galería
Igrexa de San Cristovo de Armariz

De orixe románico e consagrada en honor a San Cristovo, aparece nomeada en documentos do século XII.
Actualmente, ten planta e ábsida rectangular. A fachada oposta, a poñente, mostra unha portada románica con arquivolta e baquetón, unha media cana e semiesferas ou bólas de Ávila. O tímpano é liso. As arquivoltas descansan sobre capiteis e columnas encostadas. A fachada, cun óculo circular, remátase nunha espadana de dous arcos. Na ábsida ábrense pequenos vans decorados con elementos antropomorfos, zoomorfos e fitomorfos.
Igrexa de San Cristovo de Armariz
Información e contacto

Armariz
Nogueira de Ramuín
Ourense
Equipamento e servizos

Accesibilidade

