Audioguía


Galería
Igrexa de San Xián de Campo

Edificio realizado no século XII, que sufriu importantes reformas posteriores. As capelas laterais son posteriores á fábrica románica. Os muros que a conforman son de perpiaño e tellado de tella a dúas augas.
A porta principal é de arco de medio punto con dúas arquivoltas de baquetón. Ten ademais decoración de bólas e axadrezado, con columnas con capiteis decorados. O frontis culmínao unha sinxela espadana de dous vans.
Ademais da igrexa no mesmo lugar atopamos a Casa do Camiñas, cuns interesantísimos esgrafiados recuperados, un cruceiro, un hórreo de pedra e madeira con curiosas esculturas e relevos, e máis un par de pombais; convertendo este lugar nun interesante conxunto etnográfico.