
Esgrafiado en Casa do Camiñas (Taboada)

Edificación do século XIX, casa de labranza de notable entidade, realizada polo mestre canteiro Ramón Vilasante en Campo (Taboada).
Na decoración do revestimento con cal sobre cachotería, destacan o recheo con trazos curvos delimitados por faixas perimetrais, entre eles resaltan un grupo de gaiteiros (gaita, tamboril e bombo) e unha parella de danzantes. Sobre a portada presenta unha liña de vasos e botellas esgrafiadas.
Na contorna temos varios elementos de patrimonial e turístico inventariados: igrexa parroquial con restos románicos, hórreo centenario con remates escultóricos (cazador e pombas sobre a cruz), cruceiro, pombal e palco da música. Un conxunto de arquitectura ben conservada, emprazado a carón do campo da festa parroquial, rodeado de castiñeiros e nogueira, nun espazo de considerable valor cultural e ambiental.
A Casa do Camiñas atópase no lugar de Abelairas, de doada e accesible localización, a uns 700 metros da estrada N-540 (xusto a medio camiño entre Lugo e Ourense), sitio de paso e moi visible, por estar diante da igrexa parroquial de San Xián de Campo.
Casa do Camiñas
Información e contacto

Lg. Abelairas
Taboada
27555 Lugo
Equipamento e servizos


Accesibilidade

