Audioguía
Audioguía
Galería
Galería

Igrexa de Santa Baia de Aguada

Igrexas/Capelas

Obra de comezos do século XIII, con reformas do XVI/ XVII e do XX. De nave rectangular, con muros de cantería de granito e cuberta a dúas augas. A sancristía é unha reforma do século XVI ou XVII, e a fachada e campanario de principios do  XX. 

A porta dereita fórmaa un arco apuntado, con arquivolta de touro, guarnición de tacos, columnas dunha orde, e impostas con rombos.

Os capiteis son variados, con tímpano sen ornamentación sobre batentes decoradas. En cada lateral da nave ten dúas seteiras con arco e derrame interior.

A ábsida con arco triunfal e faixón de tendencia apuntada, sobre columnas encostadas e capiteis de follas e aves. Bóveda de canón apuntada. No testeiro ten unha ventá con arco de medio punto, arquivolta de baquetón, guarnición floral,  imposta de perlas e columnas acobadadas con capiteis vexetais.

Santa Baia de Aguada

Información e contacto

Enderezo

A Eirexe

Carballedo

27529 Lugo

Horario
O interior da igrexa está pechado, só se pode acceder contratando visita con guías oficiais.

Equipamento e servizos

De balde

Accesibilidade

En bicicleta
En coche
Cómo chegar Cómo chegar