Audioguía


Galería
Igrexa de Santa María de Bolmente

Igrexa, probablemente de orixe románica, pero reconstruída totalmente a finais do século XVIII, aínda que conserva restos de traza románica na estrutura da nave central e noutras partes do templo.
É de planta basilical con tres naves e unha aparatosa espadana na súa portada. Da época románica conserva cinco canzorros lisos no alzado sur da ábsida, unha seteira no testeiro e o arco triunfal do interior.