Audioguía
Galería
Igrexa de Santa María de Camporramiro
Esta igrexa románica do século XII destaca principalmente pola harmonía dos seus elementos e a beleza das súas liñas.
A igrexa mantén a súa estrutura orixinal, a excepción da sancristía que é do século XVIII e a espadana do XX. A porta principal é de arco de medio punto, con arquivolta de arcos dobres, capiteis trenzados e batentes con cabezas humanas.
Conta unha lenda que o nome de Camporramiro provén dunha vitoria do rei Ramiro I sobre os normandos neste escenario no século IX.
Non o perdas!
Preto desta igrexa atópase a poboación de Chantada, onde podemos visitar a súa oficina de turismo. Ademais, vos recomendamos visitar o próximo miradoiro de Líncora, onde desfrutaredes dunhas boas vistas panorámicas sobre o río Miño.
Igrexa de Camporramiro
Información e contacto
LU-P-1803, 3
Chantada
27514 Lugo