Audioguía
Audioguía
Galería
Galería

Igrexa de Santa María de Esgos

Igrexas/Capelas

Santa María de Esgos é unha igrexa do século XVI na parroquia do mesmo nome.

Ten planta de cruz latina e presenta unha fachada moi sinxela. O acceso ao templo faise a través dunha porta con arco de medio punto con moldura de baquetóns desde as xambas, sen capiteis. Sobre a portada hai un óculo e sobre este un reloxo. Coroa o conxunto unha espadana con dous vans onde están colocadas as campás.

No interior, no brazo sur, apréciase unha porta que foi tapiada, do mesmo tipo que a principal. A nave está iluminada por dúas ventás en cada un dos lenzos. Do teitume penden oito lámpadas prateadas.

O retablo está formado por tres corpos con fornelas centrais, con columnas salomónicas o primeiro e de sartas os outros dous. Está presidido pola imaxe da nosa Señora. Parece ser que a talla é da mesma época da igrexa. Do resto das imaxes destacamos as de San Pedro e San Paulo, obras do século XVII.

Na capela sur pódese ver unha imaxe da Inmaculada, procedente de Santa Eulalia e datada no século XVII como as anteriores.

En Esgos celébrase o San Vítor en agosto (o día 27 ou o último domingo do mesmo mes). Nunha fornela situada á esquerda da imaxe da patroa podemos ver a imaxe de San Vítor, tamén do século XVII, que leva unha cabeza sobre os ombreiros e outra cabeza igual agarrada co seu brazo esquerdo. Existe a crenza de que este culto vén das ribeiras do Ebro, xa que este santo foi ermitá e sacerdote en Oña. En Galicia é venerado como San Vitoiro. Foi decapitado por Abderramán III no ano 950.

Santa María de Esgos

Información e contacto

Enderezo

Rúa Soutureira, 6

Esgos

32720 Ourense

Horario
O interior da igrexa está pechado, só se pode acceder contratando visita con guías oficiais.

Equipamento e servizos

De balde
Aparcamento

Accesibilidade

En bicicleta
En coche
Cómo chegar Cómo chegar