Audioguía
Audioguía
Galería
Galería

Igrexa de Santa María de Ferreiros

Igrexas/Capelas

A igrexa está situada no lugar de Mirallos, ao mesmo pé do Camiño de Santiago.

Foi priorado da Encomenda de Portomarín, dotado tamén de hospital para acoller aos peregrinos. O lugar está ligado aos cabaleiros da Orde de San Xoán. No século XVIII a igrexa pasa a ser parroquia despois do seu traslado pedra a pedra do lugar de Eirexe.

Da súa primitiva obra románica tan só conservamos a portada principal; o resto da igrexa foi modificada. Ten unha soa nave e ábsida recta. A porta está formada por tres arquivoltas de medio punto con chambrana de axadrezado. Descansan sobre columnas con capiteis con ornamentación vexetal, rostros humanos e animais fantásticos. O tímpano é bilobulado, similar ao doutras igrexas próximas. Descansa sobre dúas mochetas con cabeza de león. Coroa a fachada unha espadana barroca.

Non o perdas!

Fronte á entrada existe unha pía con diversos símbolos gravados.

Igrexa de Santa María de Ferreiros

Información e contacto

Enderezo

Ferreiros 8, Mirallos

Paradela

27611 Lugo

Horario
O interior da igrexa está pechado, só se pode acceder contratando visita con guías oficiais.

Equipamento e servizos

Aparcamento
De balde

Accesibilidade

En coche
En bicicleta
Cómo chegar Cómo chegar