Igrexa de Santa María de Seteventos
A igrexa de Santa María de Seteventos é un bo exemplo do románico rural galego de finais do século XII e comezos do XIII. A súa orixe, como o de moitas outras edificacións relixiosas da zona, tería relación co monacato visigodo establecido nos vales do Miño e do Sil durante a Alta Idade Media. As novas máis antigas desta igrexa datan do ano 976 e vincúlana ao mosteiro de Diomondi.
Trátase dunha igrexa de planta rectangular cunha única nave cuberta de madeira e de cabeceira recta, habitual dos templos relacionados coa repoboación do norte peninsular. Conserva un arco triunfal sobre columnas de época románica, así como unha portada que consta de dúas parellas de columnas con capiteis decorados con motivos vexetais.
O seu maior valor reside no conxunto de pinturas murais do século XVI que se atopan no seu interior e que decoran o arco triunfal de acceso a capela maior, no que se representan a Anunciación e o Xuízo final.
Santa María de Seteventos
Información e contacto
Seteventos
O Saviñao
27546 Lugo