

Igrexa de Santiago de Lousada

No ano 1333, Vasco Pérez de Temes a través do seu testamento ordenou que o seu corpo fose enterrado naquel lugar, sendo por aquel entón un cenobio. Daquela construción só queda a actual igrexa.
Esta igrexa, de orixe románico, sufriu unha profunda reedificación no século XVIII perdendo grandes fragmentos da nave, da bóveda, da ábsida e da totalidade da súa fachada. Tamén o sarcófago do señor Vasco de Temes trasladouse do centro da igrexa a un lateral.
Da época románica consérvase unha tapiada silueta dunha porta con arco e tímpano semicircular no muro norte. Na súa ábsida rectangular rematada en semicírculo, consérvanse tres seteiras, unha das cales foi tapada pola sancristía.
Non o perdas!
Recomendámosvos chegar ata Chantada, onde poderedes visitar a súa oficina de turismo e descubrir moitos outros lugares de interese nas proximidades, ademais de visitar o seu casco histórico.
Igrexa de Santiago de Lousada
Información e contacto

Lugar Losada Arriba, 2
Carballedo
27520 Lugo
Equipamento e servizos


Accesibilidade

