Audioguía
Audioguía
Galería
Galería

Mámoas das Cabanas

Xacementos arqueolóxicos

O parque de mámoas das Cabanas é un conxunto de sete enterramentos monumentais que se datan entre o 4500 e o 2000 a.C. O cemiterio sitúase no tramo final da divisoria de augas entre os vales do Miño e do Sil aproveitando unha penechaira delimitada por tres grandes afloramentos graníticos.

Na parroquia de Moura, no lugar coñecido como As Cabanas, podemos ver un conxunto de sete túmulos ou mámoas, destinado a inhumación dos diferentes membros do grupo. Están formados pola cámara funeraria (anta) e o túmulo (mámoa), unha morea de terra e pedras que reforzan a superficie da cámara.

Segundo os arqueólogos que puxeron en valor este lugar, "este cemiterio prehistórico podería estar a delimitar o territorio dos primeiros agricultores das actuais terras de Nogueira de Ramuín". De feito, se miramos ben aínda podemos atopar unha antiga cruz de termo nun dos esteos do monumento M6.

Actualmente, os sete túmulos funerarios presentan cráteres de violación; catro mámoas conservan restos da cámara e de coiraza.

 

Mámoas de As Cabanas

Información e contacto

Enderezo

Nogueira de Ramuín

Ourense

Cómo chegar Cómo chegar