Galería
Galería

Miradoiro Alto da Picota - Os Peares

Miradoiros

A 429 metros de altitude e sobre o río Miño, este miradoiro déixanos unha inusual e impresionante panorámica sobre Os Peares.

O serpenteante trazado da N-120, a presa ou o pobo dos Peares, a icónica ponte azul do ferrocarril e a desembocadura do Sil e do Búbal no Miño compoñen as vistas panorámicas das que poderemos gozar desde este punto. Poderemos, ademais, intuír a marabillosa obra da xeoloxía composta polo Canón do Sil e, se o día está despexado, mesmo albiscamos de lonxe o Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil.

O miradoiro conta con dúas estruturas, unha delas adaptada a persoas con mobilidade reducida, desde a cal se pode observar a presa dos Peares. 

Ao pé do miradoiro existe unha praza reservada para persoas con mobilidade reducida.  

 

 

Ficha en detalle. Texto de Asociación Segredos de Pantón
 

  • O LUGAR

Este punto de observación da natureza sitúase no lugar da Picota, na parroquia de San Miguel de Oleiros, no concello de Carballedo.

Este outeiro natural sitúase no entorno do alto da Picota, acadando a cota máxima de 479,8 m.s.n.m.

 

  • O ENTORNO

Datos rápidos

Superficie

139,6 km2

 

 

 

 

 

 

https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a4/Escudo_de_Carballedo.svg/800px-Escudo_de_Carballedo.svg.png

Poboación

2.080

Xentilicio

Carballedesa/és

Punto máis elevado

1.114,2 m.sn.m.

Comarca

Chantada

Capital

A Barrela

Nº de parroquias

24 freguesías

Nº de lugares de poboación

201

Limita con

Norte

Chantada

Sur

Vilamarín e A Peroxa

Oeste

San Cristovo de Cea e Rodeiro

Leste

Pantón

Escudo de Carballedo



Neste punto de Carballedo podemos ver diferentes lugares, aldeas e concellos.

De frente sitúase o concello de Pantón, onde observamos as parroquias de San Vicenzo de Pombeiro e Santo Estevo de Atán, de fondo e sendo a testa de Pantón sitúase Pena Pombeira (707 m.s.n.m.) e por tras deste monte eríxese con maxestuosidade a Cabeza da Meda, aquí o mosteiro de Santo Estevo albergaba as súas casas da neve.

Á esquerda podemos atisbar resto do concello de Carballedo. Destacando a parroquia ribeirá de San Xoán da Cova.

Na parte dereita da panorámica podemos ver o famoso lugar dos Peares (4 parroquias, 4 concellos, 3 comarcas e 2 provincias). Alzando a vista e seguindo no plano dereito vemos Nogueira de Ramuín, que en 1857 obtería este nome antes era Nogueira, e destacando o mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil.

Como punto máis distante podemos admirar as alturas da Cabeza da Meda, con 1316 m.s.n.m., neste alto 3 concellos conflúen (Montederramo, Parada de Sil e Xunqueira de Espadanedo). Pola bisbarra esta montaña sempre é un referente para marcar a época invernal, ao ser o punto máis alto que se ve é o primeiro en acumular na testa un fermoso capucho de neve.

  • LENDAS

Se alzamos a vista e miramos de fronte, podevos ver a aldea pantonesa de Bazal (San Vicenzo de Pombeiro). As xentes desta bisbarra acostumaba a ir pescar ao río Miño, así dunha vez a un home de Bazal ocorreulle un feito do máis curioso...

Un veciño de Bazal que foi pescar ao Miño, entre esta aldea e Vilamirón, observou unha rapaza fermosísima sentada e peiteándose sobre un dos penedos que hai ao carón do río Miño. Comezaron a falar e contoulle a moza que facía parte dun feitizo que tiña o castro de Vilamirón e se o rompía podía facer ao pescador rico e casaría con el e sería moi felices, ámbolos dous.

Así o home aceptou e dixo que faría todo o necesario, a moura relatoulle que precisaría que fóra a unha abelaira e conseguira un prato cheo de abelás e as partira unha a unha, botara as cascas ao río e o fixera malia todo o que pasara. Despois de ir a por elas voltou ao lugar onde estivera ca moza, pero xa non estaba. Logo comezou a picalas abelás, ao picala última abelá sentiu un gran ruido subterráneo e observou coma os penedos desprendíanse no pai Miño. Á vez sentiu como o peñasco onde estaba sentado tamén se desprendía, confuso e temeroso de pronto do mesmo penedo viu emerxer unha gran ave do mesmo e salvouno da desgraza colocándoo nun lugar seguro á par que a ave mudou nunha fermosa rapaza e entregoulle ao pescador tódalas riquezas do castro de Vilamirón.

 

  • A PAISAXE E OS HABITANTES

Nesta contorna existente ben diferenciados dous espazos, a ribeira e a montaña.

A ribeira, son aqueles espazos próximos aos cursos de auga de certa relevancia, destacando Búbal, Cabe, Mao, Sil ou Miño. Neste espazo a xente desenvolveu as muras, socalcos ou pataos, a través deste medio podía a poboación traballar a terra. Na ribeira, a xente podía ter espazos de horta, prados, árbores froiteiras e coma non vides. Disque os ribeiraos son máis alegres e divertidos.

En Carballedo o espazo da ribeira é ocupado polas parroquias de San Miguel de Oleiros, San Xoán da Cova, Santo Estevo de Chouzán e San Pedro do Erbedeiro.

Subindo a ladeira dende a ribeira topámonos cos da montaña, neste espazo tiñan que traballar o monte para ter espazos produtivos, o gando estaba no monte, ao igual que os cereais. Algúns podían ter terras na ribeira e tíñaos sementados daqueles produtos que non se daban pola montaña. Contan que eran máis calados e aforradores, sempre contouse que o que salvou a montaña de morrer de fame foi a castaña.

Así neste concello as restantes parroquias de Carballedo son de montaña.

Esta forma de describir aos habitantes de espazos diferenciados xeograficamente gárdase na tradición e na memoria de tempos xa pasados, onde as distancias eran a pé e para entrar en calor non había outro xeito que xogando á billarda.

Se hoxe temos montes en man común e ribeiras coidados con vides xorde todo de mulleres e homes que naceron nesta terra e tiveron que sobrepoñerse a todo para vivir.
 

Texto de Asociación Segredos de Pantón

Miradoiro Alto da Picota - Os Peares

Equipamento e servizos

De balde

Accesibilidade

Mobilidade reducida
En bicicleta
En coche
Cómo chegar Cómo chegar