Audioguía
Galería
Miradoiro da Capela
Este miradoiro sobre o río Sil atópase moi preto das bodegas centenarias, un lugar ideal para contemplar os viñedos de Vilachá.
É un balcón de madeira e cristal, que permite unhas amplas vistas do percorrido do río e, na outra beira, da veciña aldea de Torbeo, en Ribas de Sil.
Existen tamén unhas mesas e bancos, sendo un lugar estupendo para unha comida con boas vistas.
Vistas desde o Miradoiro
Ver máis...