Audioguía


Galería
Miradoiro da Columna

Tamén coñecido como miradoiro do Picotiño, está moi próximo ao miradoiro de Cabezoás, dende aquí tamén é posible observar o impresionante e último meandro do río Sil ao seu paso polo concello de Parada de Sil.
O miradoiro da Columna está rodeado da vexetación típica da zona, castiñeiros, carballos, arbustos e pode considerarse un dos mellores miradoiros de toda Ribeira Sacra desde onde pode contemplarse a impresionante vista do Canón do Sil.
Para chegar ao miradoiro deberemos percorrer un carreiro de terra durante uns 200 metros.
Miradoiro da Columna
Información e contacto

Caxide
Parada de Sil
32740 Ourense

+34689863713
Equipamento e servizos


Accesibilidade
