Miradoiro de Cabezoás
Cabezoás é un dos miradoiros máis populares de Ribeira Sacra, o que indica a súa relevancia nun territorio caracterizado pola abundancia e calidade de puntos de observación.
Localízase ao pé da estrada, fronte ao meandro coñecido como Coto das Boedas, impresionante mole granítica de máis de 700 metros de altitude que cae vertical ao río nun desnivel que supera os 400 metros. Estamos nun dos puntos de maior profundidade do Canón do Sil.
Este miradoiro amósanos o último meandro que realiza o Sil en Parada de Sil, para seguir fluíndo cara Nogueira de Ramuín. A beira de enfronte pertence ao concello de Sober.
Cabezoás conta cunha pasarela de madeira e unha plataforma que acentúa a visión vertixinosa do río, rodeada da vexetación propia da zona como castiñeiros, carballos e uceiras
Vistas
Información e contacto
Carretera OU-0508
Parada de Sil
32749 Ourense