Audioguía
Audioguía
Galería
Galería

Miradoiro de Triguás

Miradoiros

Atópase moi próximo a ermida de Triguás. Dende este miradoiro poderemos contemplar unha amplísima e preciosa vista do río Sil serpeando ao seu paso pola localidade de Parada de Sil.

A ermida de Triguás é unha das ermidas máis coñecidas da zona, na que a arquitectura relixiosa despézase en múltiples exemplos. O despoboamento desta comarca provocou que se deixase de celebrar a romaría en Triguás, o 12 de setembro, na honra do Doce Nome de María.

Era una romaría multitudinaria polo compromiso desta Virxe de sandar a dor de moas, o viño a esgalla ou a comida campestre que se completaba con unha sobremesa riquísima: os barquillos. A festa prolongábase ata altas horas da madrugada para os mozos en idade "de mocear”.

A ermida de Triguás esconde unha interesante lenda: a historia das Tres Santas. Cóntase que esta ermida construíuse na honra dunha santa, a Virxe de Triguás, que tiña outras dúas irmás tocadas pola santidade, Alenza e Cadeiras. Por este motivo, no momento da súa morte levantáronse outras dúas ermidas desde lugares que puideran contemplar a Ermida da Virxe de Triguás. Así pois, Alenza en Castro Caldelas (Santa María dos Remedios) e Cadeiras en Sober (Nosa Señora de Cadeiras) forman un triángulo para a eternidade. Desta maneira cúmplese o dito de que “as tres santas se ven entre si”.

Miradoiro de Triguás

Información e contacto

Enderezo

Triguás

Parada de Sil

Ourense

Teléfono contacto
689 863 713

Equipamento e servizos

Aparcamento
De balde

Accesibilidade

En coche
En bicicleta
Cómo chegar Cómo chegar