Audioguía
Galería
Miradoiro do Boqueiriño
Este miradoiro situado sobre o Canón do río Sil, no concello de Sober, ofrece unhas boas vistas panorámicas sobre o leito do río. Tamén se pode observar na beira de en fronte como se asoma entre os castiñeiros o Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil.
A rede de miradoiros do concello de Sober, entre os que se atopa este, obtivo o selo de Calidade Turística de España (ICTE). Soamente cinco espazos públicos deste tipo, en todo o Estado, obtiveron esta distinción ata o ano 2021.
Advertencia: o camiño desde Bolmente (2 quilómetros aproximadamente) alterna estrada de asfalto e camiño forestal.