Audioguía
Audioguía
Galería
Galería

Miradoiro da Pena do Castelo

Miradoiros

Ao carón dunha capela en honor a San Amaro de recente construción, atópase este fantástico miradoiro.

Situado a máis de seiscentos metros de altitude e a catrocentos con respecto ao nivel da auga do río Sil atópase este miradoiro, que nos ofrece unhas fantásticas vistas sobre os viñedos baixo os nosos pés, así como da beira sur do Canón. Antigamente, ao redor do promontorio sobre o que se sitúa este miradoiro, atopábase un poboado castrexo.

A rede de miradoiros do concello de Sober, entre os que se atopa este, obtivo o selo de Calidade Turística de España (ICTE). Soamente cinco espazos públicos deste tipo, en todo o Estado, obtiveron esta distinción ata o ano 2021..

 

Miradoiro Pena do Castelo

Información e contacto

Enderezo

Doade

Sober

Lugo

Equipamento e servizos

De balde

Accesibilidade

En bicicleta
Cómo chegar Cómo chegar