Audioguía
Audioguía
Galería
Galería

Miradoiro de Pena do Pobre

Miradoiros

Aquí atópase o afamado "mellor banco de Ribeira Sacra". 

Aos nosos pés, poderemos apreciar o embarcadoiro de Santo Estevo, así como a parte traseira da presa de Santo Estevo, unha das dúas centrais hidroeléctricas que ten o río Sil ao seu paso por Ribeira Sacra.

Para chegar é preciso camiñar. O miradoiro ten dous accesos a través de sendeiros:

  • Desde o pobo de Alberguería (Nogueira de Ramuín), nun sendeiro que comeza ao pé do cemiterio parroquial; o mesmo sendeiro que conduce ao miradoiro de Pé do Home. Este miradoiro dista aproximadamente 1,6 km do inicio do carreiro. Esta vía de acceso é a máis longa, aínda que a máis recomendable. 
  • Mediante a estrada que une a aldea de Loureiro (Nogueira deRamuín) co embarcadoiro de Santo Estevo. No punto quilométrico 2,4 iníciase un carreiro de aproximadamente 1 km que conduce ao miradoiro. O carreiro conta cun desnivel ascendente considerable. 

Mirador Pena do Pobre

Información e contacto

Enderezo

Nogueira de Ramuín

32160 Ourense

Equipamento e servizos

De balde

Accesibilidade

En bicicleta
Cómo chegar Cómo chegar