Audioguía
Audioguía
Galería
Galería

Monforte de Lemos

Conxuntos históricos

¿Sabías que o chamado Escorial de Galicia está en Monforte? Esta é unha das moitas sorpresas que che agardan aquí, porque Monforte é unha cidade con importantes monumentos, museos, servizos e puntos de interese.

Ribeira Sacra é un dos lugares máis singulares de Galicia. Nela os ríos, a paisaxe, a abundancia de monumentos románicos e o cultivo da uva Mencía, forman un conxunto moi atractivo que cada día gaña máis seguidores.

No centro xeográfico desta zona está Monforte de Lemos que é, ademais, a única cidade. É por isto un lugar ideal para coñecer Ribeira Sacra, xa que a súa situación central, permitiralle programar as súas excursións dunha maneira cómoda e equilibrada.

A orixe de Monforte sitúase no monte de San Vicente. Esta atalaia, que aínda hoxe domina a cidade, foi nas súas orixes coñecida polos romanos como “Castro Dactonio”. Monforte foi, en época medieval, un singular exemplo de cidade-fortaleza feudal, ao redor dun mosteiro, cun castelo situado sobre un estratéxico montículo (o Monte de San Vicente) e rodeado por un recinto amurallado salpicado de torres defensivas. Do perímetro da muralla, datada entre os séculos XIII ao XV, aínda se conservan amplos tramos, tres torres e tres portas de acceso á vila.

Do castelo sobresae a torre da Homenaxe, ben conservada e restaurada no seu interior, desde a súa cima divísase o val de Lemos sucado polo curso fluvial do Cabe.

Posteriormente, hai dous personaxes fundamentais na historia e configuración de Monforte: o VII Conde de Lemos e o Cardeal Rodrigo de Castro, impulsor do Colexio de Nosa Señora da Antiga (referenciado como os Escolapios por albergar un colexio desta comunidade), coñecido tamén como o Escorial galego polas similitudes con este.

Dentro do centro urbano destacan, ademais, a Ponte Medieval, o Museo de Arte Sacra das Clarisas, o Pazo Molinos de Antero...

Monforte, como cidade, está definida urbanisticamente polo río Cabe, que atravesa o núcleo urbano, cun espléndido paseo nas súas marxes, e polo ferrocarril. A importancia que o ferrocarril tivo en Monforte ten o seu reflexo en que despois da súa posta en marcha, Alfonso XII outórgalle a Monforte o título de cidade (1885).

Hoxe pola tradición ferroviaria, Monforte ten a sede do Museo do Ferrocarril de Galicia e a tradición vitivinícola da zona converteu á cidade tamén en sede do Centro do Viño Ribeira Sacra.

Monforte de Lemos

Ver máis...

Información e contacto

Enderezo

Rúa Comercio, 6

Monforte de Lemos

27400 Lugo

Teléfono contacto
982 404 715

Equipamento e servizos

Aparcamento
Cafeterías
Área infantil
Cómo chegar Cómo chegar