Galería
Galería

Murais "Cruce de Camiños"

Murais

Conxunto de 3 murais localizados nas inmediacións da igrexa de San Facundo de Ribas de Miño (Paradela). 

O mural de maior dimensión é un recoñecemento aos monxes que habitaban en San Facundo. Nel, aparece representada unha das principais fazañas desta comunidade; cruzar en barca aos peregrinos trala destrución da ponte de Portomarín por Dona Urraca. 

Outra das paredes aparece cuberta cunha trama baseada na estrutura dunha folla de carballo como se a vista de lupa se tratase, figurando formas abstractas que, segundo os autores, poden levar a diferentes interpretacións: recordan ao craquelado da porcelana, a un labirinto, ao minifundio galego... O que deixa un significado aberto segundo os ollos que o miran. 
 

Obra realizada por Cestola na Cachola en 2022, dentro das actuacións do Pacto pola Paisaxe na Ribeira Sacra.

Murais Cruce de Camiños

Información e contacto

Enderezo

O Lombao

Paradela

27611 Lugo

Equipamento e servizos

De balde

Accesibilidade

En bicicleta
En coche
Cómo chegar Cómo chegar