
Galería
Murais dos Peares

En 2016 o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia, acometeu unha intervención no entorno da estación e do Museo do Ferrocarril dos Peares, consistente na realización de 9 murais artísticos de grandes dimensións, ademáis de outras pequenas actuacións de humanización da contorna.
Para a súa realización contouse coas artistas Doa Oa, Xoana Almar e Miguel Peralta. Este último é o autor do mural principal, que se titula "A anduriña asolagada emigra", con un marcado carácter ferroviario, mentres que o resto compóñense principalmente de motivos vexetais e animais.
No ano 2020 o Concello da Peroxa engadiu un novo mural, realizado polo colectivo artístico Espazo Lupa.
Murais dos Peares
Ver máis...
Información e contacto

Os Peares
A Peroxa
Ourense
Equipamento e servizos


Accesibilidade

