
Mural "A pena da serpe de Vilaescura"

Cóntase, xa hai moitísimos anos, cando as/os mouras/os chegaron a esta zona de Galicia, que unha fermosa moura namorou dun rapaz da vila.
Víanse ás agachadas na fraga, sempre no mesmo lugar, onde había unha enorme pedra nun camiño perdido. Un día, a familia da moura decatouse do que estaba a acontecer e decidiu asasinar o mozo, pois por entón non se concebía unha historia de amor tal entre dous sangues e culturas tan diferentes. Cando a moura descubríu a morte do seu namorado, toleou, fixo un feitizo e converteuse nunha serpe negra.
Desde entón ronda a gran pedra que escondía as citas segredas da parella na fraga, suponse que agardando a que apareza o seu namorado. Por iso, hoxe en día, cando pasees polas fragas de Vilaescura e vexas unha serpe negra, ten bo coidado de non magoala; estás rondando a pedra da moura.
(Fonte: Antonio Reigosa galicia encantada).
Obra e texto de Xoana Almar e Miguel Peralta (Cestola na Cachola).Sober (Lugo). 2015. Dentro do proxecto "Un toque de cor en Ribeira Sacra".
Mural A pena da serpe de Vilaescura
Información e contacto

Praza do Toural
Sober
27460 Lugo
Equipamento e servizos


Accesibilidade


