Galería
Galería

Mural "Cámbiache a mirada"

Murais

A temática da obra é ilustrada polo propio artista con estas palabras:

“Está todo aberto, un horizonte de posibilidades. Van caendo no muro como recortes dunha viaxe. Recórdase o percorrido, os camiños que xa transitamos. Susúrranos dende á beirarrua: OU-536.
Ás veces son lugares que xa se viron moitas veces, pero nunca da mesma maneira.
-Son os mesmos ollos?
Coma a auga do río imos deixándonos levar muro abaixo, é como falar cun espello: miramos, e sen decatarnos somos observados. Pero queremos ir mais alá, sempre queremos. Temos esa sangue púrpura e sacra nas veas.
Por iso inventamos historias que merezcan ser recordadas, falamos de deusas que parten a terra en dous, de palabras familiares para que a nosa xente entenda…
Pero gústanos o Risco, percorréndolo en busca dos Remedios, un instante de calma, o silencio de non interpretar nada. Respirar e sentir que estás aquí.”


Obra realizada por Nove Noel, en outubro de 2022, dentro da programación do Festival de Muralismo "Máis que cor na Ribeira Sacra".

Non o perdas!

O resto de murais e obras artísticas do núcleo de Castro Caldelas. Do Festival de Muralismo: "O Chuchamel", "A Vaqueira de Quintela", "Os Fachós" e "Danza das Cocas"; ou outras como "O Irrio" ou o esgrafiado contemporáneo na Praza da Torre. 

Mural Cámbiache a mirada

Información e contacto

Enderezo

Claudio Movilla, 6

Castro Caldelas

32760 Ourense

Equipamento e servizos

Aparcamento
De balde
Cafeterías

Accesibilidade

En bicicleta
En coche
Cómo chegar Cómo chegar