Galería
Galería

Esgrafiado en Praza da Torre (Castro Caldelas)

Esgrafiados

A intervención realizouse nunha edificación situada no núcleo de Castro Caldelas, declarado Conxunto Histórico artístico no ano 1988, no que abondan os encintados.

O lugar de Castro Caldelas é un emprazamento acolledor de visitantes e miradoiro sobre o río Sil ao seu paso pola Ribeira Sacra. Tentamos retomar a técnica tradicional do esgrafiado dándolle un valor engadido e contemporáneo, a combinación co muralismo. Sen dúbida, unha técnica totalmente novidosa que non pasará desapercibida aos ollos do visitante. 

Como de costume nos proxectos de embelecemento do Consorcio de Turismo, aparecen reflexados diferentes motivos relacionados coas costumes e tradicións de Ribeira Sacra. Neste caso, o percorrido do Irrio na procesión dos Remedios e a coñecida Festa dos Fachós son os protagonistas da decoración.

 

Non o perdas!

A edificación atópase próxima á fortaleza medieval, composta por pazo e castelo, en orixe da familia dos condes de Lemos. Preto, pódese visitar tamén o  o santuario neoclásico dos Remedios e a igrexa de Santa Isabel, do século XVI.

Esfrafiado e muralismo en Castro Caldelas

Información e contacto

Enderezo

Praza da Torre

Castro Caldelas

32760 Ourense

Equipamento e servizos

De balde
Cómo chegar Cómo chegar