Audioguía
Audioguía
Galería
Galería

Castelo de Castro Caldelas

Castelos

O monumento máis emblemático da localidade. Este Castelo está emprazado sobre unha altura ao pé da antiga vía romana dende onde se domina toda a vila e se contempla un amplo horizonte

No centro da vila de Castro Caldelas atopamos o seu castelo, que pertenceu aos Condes de Lemos para defender os seus dominios. Aínda que se pode chegar en coche ata as súas inmediacións, é aconsellable deixalo na Praza do Prado, e subir camiñando polo casco antigo.

Aínda que parece que o castelo ocupa o lugar dunha construcción anterior, o actual foi erixido no século XIV por D. Pedro Fernádez de Castro. Como a maior parte dos castelos galegos, a mediados do século XV foi destruído parcialmente durante a Revolta Irmandiña, e reconstruído posteriormente.

Conserva unha doble muralla. Os seus muros son de gran grosor. A muralla exterior ten adosadas tres torres. A muralla interior está rematada con almenas.

Accedemos ao castelo a través dunha porta na que podemos ver os escudos dos Condes de Lemos (á dereita os lobos dos Osorio; á esquerda, na parte superior, castelo e león rampante dos Enríquez, e na inferior os seis roeles dos Castro). Á esquerda da porta pódese ver unha reprodución dunha catapulta. Nada máis entrar atopámonos co patio de armas. Ao fondo atópase o alxibe (sistema de recollida de auga de chuvia para o uso do castelo) e ao seu lado un forno alfareiro. Desde eiquí pódese subir ao paseo de ronda da muralla interior. Ao finalizar as escaleiras atópase a Torre do Reloxo, que é a máis antiga. Conserva a maquinaria que pon en marcha o reloxo. A Torre da Homenaxe está defendendo a porta principal. Era símbolo de poder señorial e o último reducto no caso de asedio. Desde a terraza pódese ver unha fermosa vista do val do Sil.

No século XVI refórmase en palacio cun gran salón. Nos seus muros abríronse ventás con parladoiros e construíuse un gran corredor.

Durante a Guerra da Independencia, en 1809, os veciños prendéronlle lume, en represalia contra os franceses.

No século XVIII, o Condado de Lemos, pasa por lonxano parentesco á Casa de Alba. O edificio estivo habitado ata o século XIX por Sol Stuart, parente dos Duques de Alba.

No 1991, foi cedido en usufructo ao Concello de Castro Caldelas, convertíndose no centro cultural de toda a comarca. No seu interior alberga a oficina de turismo, a biblioteca municipal, un salón de actos e o museo etnográfico.

 

Non o perdas!

Museo Arqueolóxico e Etnográfico. Sito no palacio do século XVI construído no interior do castelo, este museo ocupa dous andares con material moi diverso, xa que se unen restos atopados no castelo con todo tipo de obxectos relacionados coa forma de vida da época medieval. A variedade vai desde teares, pezas de cerámica, apeiros de labranza ou pequenas xoias ata un quentador de cama de madeira, unhas muletas de madeira con apoios en coiro ou un velador de defuntos

Castillo de Castro Caldelas

Información e contacto

Enderezo

Praza da Torre, 6

Castro Caldelas

32760 Ourense

Teléfono contacto
988203358
Horario
ACTUALIZADO NOVEMBRO 2024
De marzo a outubro: todos os días de 10:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 20:00 h
De novembro a febreiro: todos os días de 10:00-14:00 h e 16:00-18:00 h
Prezo
2€

Equipamento e servizos

WC

Accesibilidade

Mobilidade reducida
En bicicleta
En coche
Cómo chegar Cómo chegar