Audioguía
Audioguía
Galería
Galería

Santuario de Nosa Señora dos Remedios

Igrexas/Capelas

Construída entre os anos 1812 e 1861 pertence ao estilo neoclásico e destaca pola súa altura e sobriedade. Na fachada principal hai dúas torres campanario simétricas, con fornelas, e unidas por unha balconada de pedra sobre o corpo central; este atópase marcado por dous contrafortes e ten un pequeno balcón sobre a porta principal adornado por unha vidreira coa figura da Virxe.

O interior ademais de cos retablos adórnase con tres grandes pinturas de contido relixioso, copias de obras de Murillo e Velázquez. Existe ademais unha curiosa colección de relicarios con forma de brazo humano e un Cristo xacente nunha urna.

O espazo exterior está axardinado e rodeado dun muro de pedra, neste atopámonos con dous cruceiros do século XVII e tres monólitos con rostros, que compoñen o “Monumento aos Maxistrados”, homenaxe a tres persoas ilustres de Castro Caldelas, pioneiros no uso do galego no ámbito xurídico.

Este espazo é de gran importancia porque é onde se celebra a gran fogueira na que se inicia e finaliza a queima dos “fachós”, unha festa que se celebra polo San Sebastián e que consiste en recorrer as rúas cuns fachos vexetais.

Tamén nesta igrexa é onde o “Irrio”, unha máscara tradicional que sae durante as festas dos Remedios, fai a súa a ofrenda á Virxe.

Non o perdas!

No seu interior podedes visitar o Museo Parroquial.

Iglesia Santuario de Os Remedios

Información e contacto

Enderezo

Rúa das Laguiñas, 1

Castro Caldelas

32760 Ourense

Equipamento e servizos

Aparcamento
De balde

Accesibilidade

En bicicleta
En coche
Cómo chegar Cómo chegar