Galería
Galería

Mural "Danza das Cocas"

Murais

Este mural fai honra a unha das tradicións máis coloridas de Castro Caldelas, a Danza das Cocas, unha tradición que despertou a atención da artista catalana, que quixo representar o espíritu de festa e diversión que transmite este rito. 

Cada agosto, na parroquia de Santa Tegra de Abeleda celébrase a Festa da Luz, donde a Danza das Cocas é unha das protagonistas; unha danza que foi suprimida durante o franquismo por considerarse que tiña “alegría excesiva” para unha celebración relixiosa e recuperada na década de 1980 polo pobo, rescatando os traxes que foron queimados e os xigantes (as Cocas), que foran destruídos.

As Cocas son dous coloridos xigantes que despexan o paso aos bailaríns na procesión. A pesar de que Santa Tegra ten hoxe poucos habitantes, debido á emigración, a danza segue realizándose grazas á ilusión dos veciños e do grupo folclórico Castro Floxo.

A orixe desta festa parece tamén ter que ver coa emigración, pois crese que a Danza das Cocas vén de México. Conta a lenda que un home da parroquia, emigrado alí, tiña unha filla que enfermou da vista e que se curou tras ser levada ao santuario da Virxe da Luz. En agradecemento, o home, ao volver a Santa Tegra, trouxo a danza mexicana desta virxe.

Dende aquela, cada ano, a imaxe desta virxe sae en procesión dende a igrexa de Santa Tegra, precedida pola Cocas.  Despois de avanzar uns centos de metros atópase coas oito danzantes, vestidas de branco, con faixa vermella, banda azul e cinta na cabeza do mesma cor. As mozas levan gravata, pois a danza estaba noutros tempos reservada aos homes e, nas mans, uns arcos de vimbio decorados con papel de cores. Ao son das gaitas, as danzantes bailan riseiras ante a virxe durante a procesión.


Obra realizada por Alba Fabre, en outubro de 2022, dentro da programación do Festival de Muralismo "Máis que cor na Ribeira Sacra". Para este mural, a artista contou como asistente con Antonio Valdés, compañeiro de Alba como mestre na Barcelona Academy of Art.

Non o perdas!

O resto de murais e obras artísticas do núcleo de Castro Caldelas. Do Festival de Muralismo: "O Chuchamel", "A Vaqueira de Quintela", "Cámbiache a mirada" e "Os Fachós"; ou outras como "O Irrio" ou o esgrafiado contemporáneo na Praza da Torre. 

MURAL DANZA DAS COCAS

Información e contacto

Enderezo

Avda de Ourense, 87

Castro Caldelas

32760 Ourense

Equipamento e servizos

Aparcamento
De balde
Cafeterías

Accesibilidade

En bicicleta
Cómo chegar Cómo chegar