
Mural "Historia de Portomarín"

Portomarín é sinónimo de Camiño de Santiago, polo que a figura central do mural non podía ser outra que un peregrino coa súa vestimenta tradicional.
Un sombreiro ancho, a concha de vieira, o zurrón e o bastón coa cabaza eran os elementos característicos dos peregrinos na Idade Media.
¿Recoñécelo? Este peregrino está inspirado no mítico Zapatones, que con esta indumentaria ambientaba a Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela.
Por detrás do peregrino vemos dous elemetos do antigo Portomarín; o actual trasladouse pedra a pedra para evitar a crecida provocada polo encoro de Belesar, como son a Igrexa de San Xoán ou San Nicolás coa alameda ao seu lado, e a antiga ponte, que se pode ver na actualidade cando baixan as aguas do encoro.
A obra realizouna no anoo 2016 Abraham Caride (Abrah), dentro do proxecto "Un toque de cor en Ribeira Sacra".
Mural Historia de Portomarín
Información e contacto

Rúa Deputación
Portomarín
Lugo
Equipamento e servizos


Accesibilidade
