Mural "Labirinto/Minifundio"
O carballo é un dos elementos mais icónicos da xeografía galega; un símbolo co que todo o mundo identifícase, así pois os artistas decidiron partir da a súa unidade máis elemental para representalo: a folla.
A idea era levar a tamaño colosal un elemento tan pequeno, dándolle todo o protagonismo á silueta e a estructura de nervaduras laberíntica que a configura. Estas están resoltas como se dunha vidrieira ou mosaico se tratase con mil variacións de cores dentro das “casillas” que compoñen esta trama.
No título deste mural faise alusión ao labirinto referido ao abismo inabarcable que encerra a natureza, mais tamén ao minifundio, xa que visto dende o ceo o territorio galego parecería seguir o mesmo patrón que esta folla.
Obra realizada por Cestola na Cachola en 2021, dentro das actuacións do Pacto pola Paisaxe na Ribeira Sacra.
Mural Labirinto/Minifundio
Información e contacto
Ayuntamiento de Carballedo (trasera)
A Barrela - Carballedo
27520 Lugo