
Galería
Mural "Lendas do Camiño"

Trátase dunha investigación visual, estética e histórica acerca dos mitos e tradicións culturais do Camiño de Santiago, materializada nun proxecto mural.
O obxectivo é falar das orixes da peregrinación cara a tumba do Apóstol. Nunha das caras do edificio pódese ver como a constelación Can Maior guíanos ata Compostela (do latín Campus Stelae, "Campo da estrela") entre os campos de Ribeira Sacra, mentres que a outra cara narra historias e lendas como "O milagro do galo e a galiña" e "A lenda do cabaleiro das cunchas".
Obra realizada por Espacio Matrioska en 2021, dentro das actuacións do Pacto pola Paisaxe na Ribeira Sacra.
Mural Lendas do Camiño
Información e contacto

Albergue Municipal - Rúa Fraga Iribarne
Portomarín
27170 Lugo
Equipamento e servizos


Accesibilidade



