Mural "Os Fachós"
Mural adicado á ancestral tradición da "Festa dos Fachós" de Castro Caldelas, celebrada na vila cada 19 de xaneiro, véspera de San Sebastián.
É unha das tradicións máis arraigada da vila e unha das cantas festas relacionadas co lume que aínda perduran en Ribeira Sacra.
Máis información sobre a Festa dos Fachós aquí.
Obra realizada por Miguel Peralta (Cestola na Cachola), en outubro de 2022, dentro da programación do Festival de Muralismo "Máis que cor na Ribeira Sacra".
Non o perdas!
O resto de murais e obras artísticas do núcleo de Castro Caldelas. Do Festival de Muralismo: "O Chuchamel", "A Vaqueira de Quintela", "Cámbiache a mirada" e "Danza das Cocas"; ou outras como "O Irrio" ou o esgrafiado contemporáneo na Praza da Torre.
MURAL OS FACHÓS
Información e contacto
Rúa Pequena, 11
Castro Caldelas
32760 Ourense