
Mural "Reforestando Castiñeiro, Hedra, Toxo, Nébeda e Xesta"

Nesta pintura mural, o deseño representa á vexetación autóctona a través dunha composición realizada con elementos botánicos de varias plantas representativas, que crecen de xeito natural nesta zona xeográfica.
Este deseño pretende, de xeito simbólico, poñer en valor e recoñecer a importancia da natureza, os bosques e toda a diversidade do mundo vexetal no noso ecosistema. Tanto a representación das diferentes partes da planta como a súa composición como se a planta estivese suspendida, así como as cores propostas, pretende transmitir armonía e calidez, de xeito que poida contribuir á transformación do espazo e axudar a facelo máis habitable.
Obra realizada por Doa Oa en 2022, dentro das actuacións do Pacto pola Paisaxe na Ribeira Sacra.
Non o perdas!
No mesmo recinto podes observar o mural coñecido como A Pulpeira, de Cestola na Cachola, en homenaxe a esta figura tan importante nas feiras e celebracións en Galicia.
Mural Reforestando Castiñeiro, Hedra, Toxo, Nébeda e Xesta
Información e contacto

Recinto Ferial
Bóveda
27350 Lugo
Equipamento e servizos


Accesibilidade

