
Galería
Mural "Reforestando Verónica Persica, Verónica dos Prados"

O mural é unha composición botánica inspirada na especie vexetal Verónica Persica, unha planta silvestre que crece en zonas húmidas, campos e paredes, na zona de Ribeira Sacra.
O pequeno tamaño da planta, a súa particular forma de crecer, cubrindo extensas superficies, e as súas rechamantes flores azuis representan parte desa beleza silvestre e autóctona tan propia da contorna natural. Unha homenaxe a unha pequena flor silvestre,
para lembrar a importancia de valorar a beleza natural dos lugares.
Obra realizada por Doa Oa en 2021, dentro das actuacións do Pacto pola Paisaxe na Ribeira Sacra.
Mural Reforestando Verónica Persica, Verónica dos Prados
Información e contacto

Rúa da Mina
Sober
27460 Lugo
Equipamento e servizos




Accesibilidade



