Audioguía
Audioguía
Galería
Galería

Museo de Arte Sacra das Clarisas de Monforte

Museos e exposicións

Do século XVII, recolle unha excelente colección de arte sacra entre a que destaca o Cristo Xacente e a Inmaculada de Gregorio Fernández.

Fundado no 1622 por Catalina de la Cerda y Sandoval e Pedro Fernández de Castro, VII Condes de Lemos. Os condes áchanse enterrados no panteón condal do mosteiro no que Dona Catalina tomou os hábitos cando se quedou viúva.

A fachada principal é bastante austera, en contraposición cunha fachada lateral de maior calidade, isto débese a que a lateral foi construída con Dona Catalina en vida, mentres que a principal non, e os herdeiros realizaron importantes recortes nos gastos dedicados a súa construción.

Ao ser un mosteiro de clausura das Franciscanas Descalzas a súa visita interior non está permitida, pero si ao que era a antiga enfermería, que hoxe acolle o Museo das Clarisas. Un dos museos de arte sacro máis importante de toda España, grazas á custodia que facían estas monxas dos bens dos Condes de Lemos, a súa vez Virreis de Nápoles.

O museo conta con catro salas con fondos de ourivaría, pintura, escultura, relicarios e ornamentos relixiosos; pezas principalmente españolas e italianas dos séculos XVI e XVII.

Algunhas das pezas no interior do museo

Información e contacto

Enderezo

Santa Clara, s/n

Monforte de Lemos

27400 Lugo

Teléfono contacto
606 548 044
Horario
ACTUALIZADO JULIO 2024
--
De luns a sábado: 11:30-13:00 e 17:30-19:00 horas
Domingos: 10:00 - 14:00 e 15:00-19:00 horas
Festivos: 12:00-13:00 e 17:30-19:00 horas
Última entrada 30 minutos antes do peche.

Reserva previa no 606 548 044

*Pechado do 1 ao 10 de xullo
Prezo
Entrada libre: 4€ Visita guiada: 7€
Cómo chegar Cómo chegar