Audioguía
Galería
Museo do Ferrocarril de Galicia
O “Museo do Ferrocarril de Galicia” recupera as instalacións do depósito de tracción vapor, que eran das máis importantes da época en España.
Desde que en 1883 o rei Afonso XII inaugurou a liña Madrid-A Coruña, Monforte de Lemos converteuse nun importante nó de conexión ferroviaria que serviu á cidade como motor de desenvolvemento ata a súa decadencia a mediados do século XX.
O elemento máis destacable do museo é a nave da rotonda, un edificio con forma de ferradura con 38 vías radiais e unha ponte transbordadora xiratoria que son únicos en España. Pódense ver tamén locomotoras e vagóns de diferentes épocas, así como un parque temático de trens tripulados a pequena escala.
Museo do Ferrocarril de Galicia
Ver máis...
Información e contacto
Prolongación Padre Feijoo, s/n
Monforte de Lemos
27400 Lugo
982418421/606401982
ACTUALIZADO OUTUBRO 2022
Entrada adulto: 4€
Entrada infantil: 2€
Visita guiada: 5€ adultos; 4€ nenos