Audioguía
Audioguía
Galería
Galería

Museo Etnográfico de Arxeriz

Museos e exposicións

O museo atópase nun pazo do século XVII, dentro dunha finca de 35 hectáreas. Nos edificios están as distintas salas expositivas.

A primeira delas dedicada a distintos aspectos da Ribeira Sacra como o Románico, recursos patrimoniais, o Entroido Ribeirao, e os artesáns de Ribeira Sacra como os cesteiros e os oleiros.

A segunda das salas está dedicada á viticultura tradicional da nosa ribeira, coa cultura material propia dos traballos e a transformación da uva.

A terceira sala está dedicada á cultura castrexa e prehistórica en xeral da zona, baseada nas escavacións do castro que hai dentro da leira de Arxeriz.

Ademais conta con dúas salas dedicadas á cultura fluvial, onde se recollen os aspectos máis destacados da vida á beira dos ríos Miño e Sil antes da existencia dos encoros, cunha importante colección de barcas tradicionais.

Pódese visitar o Castro e as escavacións arqueolóxicas que no 2013 se levaron adiante neste xacemento dos séculos IV a I antes da nosa era.

Tamén se pode realizar un paseo polo carreiro que atravesa a leira entre bosques de carballos e outras especies, fundamentalmente caducifolias.

 

Museo Etnográfico - Ecomuseo de Arxeriz

Ver máis...

Información e contacto

Enderezo

Arxeriz - Fión

O Saviñao

27548 Lugo

Teléfono contacto
692941667
Horario
ACTUALIZADO MARZO 2024
Do 27/03 ao 31/10: de mércores a domingo, de 11:00 a 14:00 e 17:00 a 20:00h.
* Luns e martes pechado
Prezo
4€ tarifa normal, 3€ tarifa reducida, menores de 12 anos de balde Grupos: tarifa reducida a partir de 10 persoas

Equipamento e servizos

Aparcamento
Cómo chegar Cómo chegar