

Museo Lodeiro

O Museo Lodeiro alberga 300 obras talladas a man en pedra e madeira, raíces e pintura, polo escultor local Darío Lodeiro. Repártense en catro salas: dúas delas na planta inferior e dúas na superior, cunha superficie de 200 metros cadrados aproximadamente.
O Museo Lodeiro atópase no casco vello de Monforte, na rúa situada a carón da praza Doutor Goyanes, coñecido pola casa que figurou no Libro Guiness como a máis estreita de España. A casa que o acolle foi durante o século pasado o Hotel Europa, e foi especialmente restaurada pola familia Lodeiro para adecuar as súas instalacións. Con 200 anos de antigüidade e sendo patrimonio municipal de Monforte, é o sitio ideal para albergar o museo.
Unha parte do seu traballo ten como temática obras literarias, como por exemplo aquelas de Cervantes, Sancho e Don Quixote en madeira, case a tamaño natural, e os seus bustos en granito. Tamén conta con figuras ligadas á historia de Galicia, como Rosalía de Castro, unha das súas mellores poetisas; o busto de César Augusto, fundador da cidade de Lugo; e os Condes de Lemos.
Outro dos atractivos do museo son as pezas naturais, principalmente raíces de árbores, que son elixidas por Lodeiro por medio da súa visualidade e sensibilidade. Son obras que non requiren intervención, máis aló da limpeza e preparación, porque elas xa teñen figuras en si mesmas.
Museo Lodeiro
Información e contacto

Armando Cotarelo, 7
Monforte de Lemos
27400 Lugo


Accesibilidade



