Audioguía
Audioguía
Galería
Galería

Museo Torre da Homenaxe

Museos e exposicións Castelos

Acolle unha exposición sobre a historia da propia Torre e o contexto histórico da mesma, xa que Monforte foi en época medieval un singular exemplo de cidade-fortaleza feudal, ao redor dun mosteiro, cun castelo situado sobre un estratéxico montículo (Monte de San Vicente) e rodeado por un recinto amurallado salpicado de torres defensivas.

Aos pés do monte, o río Cabe, que daba vida ao asentamento. Do perímetro da muralla, datada entre os séculos XIII ao XV, aínda se conservan amplos tramos, tres torres e tres portas de acceso á vila. Do castelo sobresae a Torre da Homenaxe, ben conservada e restaurada no seu interior, desde a súa cima divísase o val de Lemos sucado polo curso fluvial do Cabe.

A Torre, construída entre os séculos XIII e XV, era o edificio máis importante dentro do castelo, xa que nela celebrábanse as Cerimonias da Homenaxe, rito que unía ao señor co seu vasalo. É unha atalaia de 30 metros de altura, 13 metros de lado e muros de 3 metros de grosor. A torre e a muralla da fortaleza medieval sufriron importantes danos durante a Gran Guerra Irmandiña, (1467-1469), e foron reconstruídas unha vez finalizados os enfrontamentos.

Non o perdas!

As fermosas vistas dende a Torre

Museo Torre da homenaxe

Información e contacto

Enderezo

Conxunto Monumental San Vicente do Pino

Monforte de Lemos

27400 Lugo

Teléfono contacto
982 404 715
Horario
ACTUALIZADO XULLO 2024
--
Todos os días: 10:00 a 14:00 e 16:30 a 20:30 h.
Prezo
1,50 € (visita libre) (Grupo: consultar tarifas)
Cómo chegar Cómo chegar