
29 Feira do Viño de Vilachá (2022)
A edición 2022 da Feira do Viño de Vilachá volve renovada e con moitas novidades. Celebrarase os días 7 e 8 de maio no mesmo marco incomparable de sempre, as Adegas de Vilachá
Ribeira Sacra, 26 de abril de 2022
Unha das principais novidades nesta edición é a presenza doutras adegas comerciais, ademáis dos colleiteiros de Vilachá; adegas que compran uva ou teñen viñedos nas ribeiras de Vilachá. Con isto, a organización instaura dous dous "circuitos": o de colleiteiros e o de adegueiros.
Outra das novidades nesta edición é a creación dun premio do xurado e outro do público para o circuito de colleiteiros. A cata do xurado terá lugar o domingo, mentres que o público poderá selar a súa tarxeta e votar polo seu viño favorito durante toda a fin de semana.
E como boa festa que se precie, tampouco faltará a música e a comida en Vilachá. Varios grupos amenizarán as dúas xornadas e poderanse atopar tamén postos de comida, artesanía,...
PROGRAMACIÓN:
SÁBADO, 7 DE MAIO
12:00 h. Charla - cata con Juanjo Figueroa "Espremento a uva de Vilachá", en Espazo Petiscos. Prezo: 8€. Reservas en 650 62 48 28
22:30 h. Brassica Rapa. Inicio no Espazo Petiscos e percorrido ata o Campo da Festa.
00:00 h. Peche do Espazo Petiscos (reapertura domingo)
DOMINGO, 8 DE MAIO
12:00 h. Gaiteiros de Samoeiro.
13:00 h. Pregón a cargo de Xabier Díaz.
13:30 h. Baturruka. Batucada salindo do Campo da Festa.
19:00 h. Cata - concurso "Circuíto colleiteiros". A cargo de Juanjo Figueroa, Isabel Lozano (Vinissi), Martín (viñoteca Ribeirao). Cata aberta ao público, na que se catarán os viños de colleiteiro.
SERVIZO DE TAXIS continuado entre Área Recreativa de Samugueiros e Vilachá:
Subida desde Samugueiros: 11:00–14:00
Baixada desde adegas: sábado de 20:00 a 02:00 h; domingo: 20:00–22:00 h
- Marisa (4 prazas) 606 521 462
- Tony (6 prazas) 619 383 686
- Iván (7 prazas) 617 212 869
Tarifa subida ou baixada: 15€
Máis información: http://www.concellodapobradobrollon.gal