Esgrafiados na Ribeira Sacra. De tradición cultural a recurso turístico

Xa é posible conseguir a publicación en formato PDF e de forma totalmente gratuíta na nosa páxina web. 

Ás 18:00 horas do xoves 5 de abril tivo lugar a presentación do libro " Esgrafiados na Ribeira Sacra. De tradición cultural a recurso turístico" en Taboada. Nela, o autor detallounos o contido do libro, facendo un repaso pola historia dos esgrafiados e como chegaron ao noso territorio.

Tamén nos falou daqueles recursos visitables, facendo especial fincapé naquelas intervencións realizadas polo Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, co patrocinio da Axencia de Turismo de Galicia. Intervencións que forman parte, do mesmo xeito que a publicación, dun completo proxecto de posta en valor deste singular patrimonio. 

O libro está composto por 154 páxinas, ilustradas con máis de 260 imaxes. Unha exhaustiva investigación sobre os esgrafiados, ademais do inventariado daqueles exemplares máis destacables en Ribeira Sacra. Con todo iso perséguese unha nova valorización destes revestimentos murais, do mesmo xeito que a sensibilización da veciñanza para dar a este legado unha continuidade no tempo. 

A publicación editouse en soporte dixital con senllas versións en castelán e galego. Pódese descargar de forma totalmente gratuíta desde esta mesma páxina web, do mesmo xeito que poderá ser consultada en formato papel nos principais centros culturais e bibliotecas municipais de Ribeira Sacra.

 

PROXECTO POSTA EN VALOR ESGRAFIADOS- ACCESO PARA DESCARGA PUBLICACIÓN:

https://turismo.ribeirasacra.org/gl/esgrafiados-na-ribeira-sacra