Galería
Galería

Presentado o novo mapa turístico de Ribeira Sacra

O Consello Reitor do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra presenta o novo mapa turístico do xeodestino. 

Ribeira Sacra, 16 de maio de 2023

A presentación tivo lugar na sesión plenaria do organismo celebrada esta mesma mañá. Este novo mapa turístico supón a incorporación dos concellos da Pobra de Trives, Chandrexa de Queixa, Manzaneda, O Pereiro de Aguiar e San Xoán de Río.

No pleno tamén se trataron outras cuestións como a aprobación de varios expedientes de contratación que nos permitirán continuar avanzando no desenvolvemento do Plan de Sostibilidade Turística de Ribeira Sacra

O novo mapa turístico está dispoñible para descarga en PDF dende a seguinte ligazón https://turismo.ribeirasacra.org/gl/descarga-de-guias-e-mapas. En xuño, contaremos con el en formato impreso na rede de oficinas de turismo de Ribeira Sacra. 

Presentación novo mapa xeodestino Ribeira Sacra

Sesión plenaria CTRS 16.05.2023